Música y Vino

Puedo intentar ser sincero pero nunca seré imparcial…

¡Benvidos todos a Ponte de Ume!

Viernes, a 18 de Junio de 2010 -- Alfredo -Webmaster-

 

¡Benvidos todos a Ponte de Ume! ¡A vila abre os seus muros á xente de tódolos reinos!

Todos nós, de aquí e de fora, seremos estes días eumeses e sentiremos o aire que no século XIV invadía a antiga fortaleza dos Condes de Andrade. As feiras xa non serán patrimonio duns poucos, como nos tempos antigos. Hoxe, o I Feirón Medieval dos Andrade xa é unha realidade palpable por nobres, campesiños e cidadáns de toda clase social.

Pontedeume posúe unha historia digna de ser recordada porque dela provén o que somos na actualidade. Temos a responsabilidade de conservar o que os nosos ancestros levantaron na vila coas súas propias mans. Debemos ensinar ó mundo o patrimonio que ainda hoxe conservamos e que fan de Pontedeume e as súas parroquias un lugar a descubrir.

O I Feirón Medieval dos Andrade proporcionaranos a oportunidade de sentirnos como os nosos antepasados.

Chamámosvos a que disfrutedes, bailedes, riades e brindedes nesta festa, xa que seredes vós os verdadeiros artífices do éxito e da ledicia que queremos que se respire na vila.

Estes días poderedes contemplar fermosas mulleres, valentes cabaleiros, loitas nas rúas, akelarres, escenas insólitas, música, teatro, nenos disfrutando con xogos tradicionais e artesáns vendendo os seus obxetos chegados doutras épocas. E como non, poderedes comer e beber!

Ogallá este salto no tempo sexa do voso agrado, e agardamos poder seguir ano tras ano sorprendéndovos con cousas novas.

Grazas a todos os que, dunha ou doutra maneira, axudáchedes a que o I Feirón Medieval dos Andrade sexa unha realidade. Conseguímolo! Esta festa é de todos!

¡Unha forte aperta! ¡Qué comece o I Feirón Medieval dos Andrade!

PROGRAMA DE ACTOS

VENRES 2 DE XULLO

Tarde:

18.00 h. Apertura dos postos do Feirón Medieval.

19.30 h. Pasarrúas inaugural, no que participarán os músicos, actores, malabaristas, cabaleiros e demais persoeiros que participan no Feirón Medieval.

20.00 h. Pregón desde o balcón do Concello a cargo de Carlos de Castro, Profesor de Xeografía e Historia do IES Breamo de Pontedeume. Inauguración do “I Feirón Medieval dos Andrade”.

20.30 h. Representación de “El arbol del amor” (zancudos) a cargo do grupo La Recua.

21.00 h. Música medieval polas rúas a cargo do grupo Cabra Loca.

Noite:
22.00 h. Música medieval polas rúas a cargo do grupo Cabra Loca.

22.30 h. Representación de “La troupe de los Santurrones” a cargo do grupo La Recua.

SÁBADO 3 DE XULLO

Mañá:

11.00 h. Apertura dos postos do Feirón Medieval.

12.00 h. Pasarrúas de apertura.

12.30 h. Música medieval polas rúas a cargo do grupo Cabra Loca.

13.00 h. Representación de “Las bellas doncellas” a cargo do grupo La Recua.

13.30 h. Música medieval polas rúas a cargo do grupo Cabra Loca.

Tarde:

18.00 h. Apertura dos postos do Feirón Medieval.

19.00 h. Exhibición de voo de aves de cetraría na Praza do Conde.

19.00 h. Representación de “Los bribones y el retablo mágico” a cargo do grupo La Recua.

19.30 h. Música medieval polas rúas a cargo do grupo Cabra Loca.

20.00 h. Representación que rememora a Revolta Irmandiña acontecida na vila no século XV, a cal, liderada por Roi Xordo, levouse a cabo contra Nuno Freire de Andrade e a súa familia. Os campesiños percorrerán as rúas de Pontedeume ata chegar ó Torreón dos Andrade, onde Roi Xordo pedirá explicacións ó señor da vila sobre varias medidas impopulares levadas a cabo por éste.

20.00 h. Representación de “El arbol del amor” (zancudos) a cargo do grupo La Recua.

21.00 h. Música medieval polas rúas a cargo do grupo Cabra Loca.

Noite:
22.00 h.
Música medieval polas rúas a cargo do grupo Cabra Loca.

22.30 h. Cea medieval nos balcóns do Mercado de Abastos.

00.00 h. Representación de “El séquito de la Santa Compaña” a cargo do grupo La Recua.

 

 

DOMINGO 4 DE XULLO

Mañá:

11.00 h. Apertura dos postos do Feirón Medieval.

12.00 h. Pasarrúas de apertura.

12.30 h. Música medieval polas rúas a cargo do grupo Cabra Loca.

13.00 h. Representación de “Las bellas doncellas” a cargo do grupo La Recua.

13.30 h. Música medieval polas rúas a cargo do grupo Cabra Loca.

Tarde:

17.00 h. Apertura dos postos do Feirón Medieval.

19.00 h. Exhibición de voo de aves de cetraría na Praza do Conde.

19.00 h. Los bribones en la “Tierra de la Jauja” a cargo do grupo La Recua.

19.30 h. Música medieval polas rúas a cargo do grupo Cabra Loca.

20.00 h. Representación de “El arbol del amor” (zancudos) a cargo do grupo La Recua.

21.00 h. Música medieval polas rúas a cargo do grupo Cabra Loca.

Noite:

22.00 h. Música medieval polas rúas a cargo do grupo Cabra Loca.

22.30 h. Representación de “La troupe de los Santurrones” a cargo do grupo La Recua.

ACTIVIDADES PARALELAS

Cetrería: os días 3 e 4 haberá exposición de aves na Praza do Conde e espectáculos polas rúas da vila.
Tiro con arco: os días 3 e 4 haberá exhibicións e talleres para nenos e adultos na Praza do Conde.
Esgrima antiga: os días 3 e 4 haberá exhibicións e talleres para nenos e adultos na Praza do Conde.
Rincón infantil: xogos e talleres as mañás dos días 3 e 4 de 11 a 14 h. e as tardes dos tres días de 17 a 21 h. na Praza do Pan.
Caravana de burros ananos: dispoñibles para os nenos polas rúas da vila.

Haberá tamén en diferentes horarios outros espectáculos de música, malabaristas, etc.

Nota: o programa podería sufrir cambios de derradeira hora por motivos alleos á organización.

 
Categorías: 

Comentarios

Enviado por Invitado/invitada (no verificado) en

No seas malo, Alfredo, no entendí ni la mitad de esta nota..me siento discriminada por no entender tu idioma!!!

Enviado por Invitado/invitada (no verificado) en

Nunca olvidaré Ponte de Ume. Allí pasé los primeros días de mi Luna de Miel. Un lugar precioso y único.

Un abrazo,

Verdial

Enviado por Georgina en

Siempre tuve la fantasía de poder viajar en el tiempo y vivir en la época medieval, claro que como princesa y sólo por unos cuantos días, nunca como una pobre chica del pueblo.
Es una época que para mi mentalidad americana, me es casi ajena, nada de aquélla época tiene que ver con lo que me rodea y sin embargo me atrae como si algo de mi perteneciera a ese mundo.
Espero poder estar por allí pronto y no perderme ninguna de estas ferias.

Georgina :)

Añadir nuevo comentario